Antón Lamazares, "Domus Omnia"



Antón Lamazares volveu a casa. Trouxo desde Berlín unha morea de cadros que permanecerán colgados todo o verán na galería compostelá SCQ. Lamazares volveu a casa para expor a súa pintura realizada durante o ano 2008 no seu taller berlinés, pero tamén volveu á casa artisticamente. “Domus Omnia”, así se chama a colección, representa un retorno ó fogar máis íntimo, á terra, a esas aldeas de Lalín que conforman a súa paisaxe máis íntima, pero como el mesmo diría “á patria”, que con un verdor repleto de esperanza inunda desde o centro xeográfico toda Galicia, a patria que leva dentro. “Domus Omnia” reflicte positivismo, optimismo, frescura e forza amniótica, esa que profetiza nacemento ou renacemento. Toda a obra de Lamazares, colgada en SCQ de Santiago, é cor.
Pero Antón é algo máis ca un artista, ca un dos dous ou tres que de verdade pasan do Padornelo, dos Pirineos ou de calquera outra fronteira xeográfica. É cemento, argamasa, tecido conxuntivo, cando quere e con quen quere, pero é. Arredor del non hai medias tintas, pode habelas, pero non as hai, non hai mediocridade, pode habela, pero non a hai... Hai unha capacidade inmensa por xerar cohesión e complicidade entre os que lle rodean, sacando o máis positivo de cada quen.
Imprescindible.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio