Nin de mortos?

 

Santo Andrés de Teixido ©pemónbouzas

Está triste Santo Andrés. Está triste contemplando como a Santiago de Compostela chegan milleiros de turistas, e uns cantos peregrinos. Está triste mirando como a praia de Augas Santas, coñecida por todos como Praia das Catedrais, recibe milleiros e milleiros de turistas. Santo Andrés de Teixido foi lugar importante de peregrinación, era dende o medievo, un destino de visita obrigada porque, como todos sabían, vai de morto que non foi de vivo, co que cada peregrino ía coa súa pedra no peto, pedra que depositaba nos abundantes milladoiros que había na ruta nas proximidades da aldea na que está situado o santuario.

Santo Andrés (de Teixido) está triste porque na súa aldea apenas hai residentes, porque xa case ninguén recolle a herba de namorar nin as polas de teixo, porque non hai que faga sanandresiños con coas migas do pan. Porque cada vez son menos os que lembran as tradicións e os que chegan so valoran os autorretratos feitos cos móbiles.

Porén, a Santiago de Compostela cada vez son máis os turistas que chegan, ruidosos e pouco respectuosos, que molestan os veciños e pintan nas pedras da cidade monumental, incluso na Praza do Obradoiro, deixando toneladas de lixo por onde pasan estas hordas. Porén, na Praia das Catedrais tamén fan pintadas ou rouban pedras dos arcobotantes naturais esculpidos polo mar nos cantís.

Falar disto pode ser considerado turismofobia. Non o é. Que ninguén busque escusas. O que importa é o turismo de calidade, non o de pan para hoxe e fame para mañá.  Pero boa parte da sociedade perdeu o sentidiño, unha palabra moi pronunciada nos últimos tempos por xente que descoñece o seu significado e a súa fondura. Queremos turismo so

stible
e bo, non o que consume nas tendas de todo a cen e leva souvenirs feitos en China, come  bocatas feitos por eles e deixa lixo por todas partes.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Semana Santa en la memoria