Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

Os Inuit, de Alaska a Groenlandia

Imaxe
  Cos Nativos no Río Yukon, Fort Yukon, Alaska  ©pemónbouzas Coñécense como   Inuit os pobos que habitan o Ártico . Inuit significa persoas, xente, e agrupan numerosas nacións, primeiras nacións , pobos primixenios, que viven dende Alaska ata Groenlandia pasando, entre medias, polos Territorios do Norte   de Canadá . Groenlandia aparece nas últimas semanas con moita frecuencia nas páxinas dos xornais de todo o mundo grazas ás ansias imperialistas de Donald Trump , quen quere anexionar a illa. Hai poucas xornadas celebraron eleccións, gañadas por primeira vez por un partido independentista moderado , Groenlandia forma parte do Reino de Dinamarca . A “Terra verde”, ese é o nome que lle puxo Erik o Vermello cando chegou alí para convencer mais colonos viquingos, está maioritariamente poboada por Inuit. Os seus habitantes sentíronse sempre inferiores, véndose obrigados a renunciar a moitas das súas tradicións e costumes por seren consideradas pecaminosas por parte ...

Nin de mortos?

Imaxe
  Santo Andrés de Teixido ©pemónbouzas Está triste Santo Andrés. Está triste contemplando como a Santiago de Compostela chegan milleiros de turistas, e uns cantos peregrinos. Está triste mirando como a praia de Augas Santas, coñecida por todos como Praia das Catedrais , recibe milleiros e milleiros de turistas. Santo Andrés de Teixido foi lugar importante de peregrinación, era dende o medievo, un destino de visita obrigada porque, como todos sabían, vai de morto que non foi de vivo , co que cada peregrino ía coa súa pedra no peto, pedra que depositaba nos abundantes milladoiros que había na ruta nas proximidades da aldea na que está situado o santuario. Santo Andrés (de Teixido) está triste porque na súa aldea apenas hai residentes, porque xa case ninguén recolle a herba de namorar nin as polas de teixo , porque non hai que faga sanandresiños con coas migas do pan. Porque cada vez son menos os que lembran as tradicións e os que chegan so valoran os autorretratos feitos ...

Reikiavik, cidade neutral

Imaxe
  A partida do século   ©pemónbouzas A capital de Islandia é unha cidade plana rodeada de montañas sempre nevadas, con edificios modernos de gran beleza e con vivendas pintadas de cores rechamantes, supoño que para que fagan contraste co branco dominante invernal, xa que está moi preto do círculo polar ártico . Nela habitan hoxe en día arredor de 130.000 persoas, un terzo dos habitantes de Islandia, a maior parte deles descendentes dos nórdicos de orixe norueguesa que a colonizaron hai séculos. Reikiavik foi elixida como cidade neutral para a celebración da final do campionato   mundial de xadrez de 1972 , en plena guerra fría, xa que os contendentes das chamadas “partidas do século” eran un ruso, o vixente campión Boris Spaski , recentemente falecido, e un estadounidense, un monstro chamado Bobby Fischer quen acabaría saíndo vitorioso grazas ao seu dominio da " defensa siciliana ". Foi un torneo seguido por todo o mundo, incluso polos que non sabían nin colocar...