Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Morte en Venecia

Imaxe
  @elquesabezava Para os galegos, falar de entroido é levarnos pola nosa xeografía na procura de ritos ancestrais que sobreviven e collen folgos cada ano por estas datas de febreiro. Porén, hai outros lugares onde o carnaval ten lustre e atrae milleiros de persoas. Un deses lugares é Venecia , unha cidade con tanta historia, un dos motores da economía mediterránea durante séculos, unha cidade monumental, fermosa e húmida, moi húmida, que se afunde pouco a pouco nese mar que lle deu pulo. Imaxes destes días na presa mundial abraiaban; milleiros e milleiros de turistas agardando para poderen desembarcar na illa para ver, como ovellas nun cercado, algún dos espectáculos relacionados co mítico e decadente carnaval. Cando marchen, Venecia quedará afundida un pouco máis grazas ás toneladas de lixo que van deixar os turistas de un día, grazas ao impacto ecolóxico que provocan, e ao deterioro continuo do marabilloso patrimonio da cidade ducal. Venecia morre, está na UCI. Xa non queda...

Rosalía de Castro, defensora da nosa lingua

Imaxe
Foto do libro "Cantares Gallegos" @xerais Vin de Santiago a Padrón/ cun chover que era arroiar/ descalciña de pe e perna/ sen comer nin almorzar... (Poema “miña casiña, meu lar” do libro 4”A terra” de Follas Novas . Rosalía de Castro ). Estes versos, publicados en 1880, sentíaos de neno, máis ca recitados case cantados tanto pola miña nai Choncha como pola miña avoa Xoana . Dese xeito tan doce entrou Rosalía de Castro na miña vida; dese xeito amei Padrón dende neno, incluso cando cruzaba a vila coa auga entrando dentro do autobús da empresa Celta, cando se inundaba a vila polos desbordamentos do río Sar ao xuntárense as choivas fortes coas mareas altas. Os versos eran fermosos per sé , pola súa fondura, polo seu dramatismo, pola proximidade, polas querenzas, pola naturalidade. Na casa dos meus pais estaba Rosalía de Castro en forma de libros. Padrón foi para min a terra de Rosalía, a terra que cada inverno asolagaba o río Sar , o río que cantaba a nosa poeta; porque Rosal...

No 47, coñecendo Barcelona

Imaxe
  Barcelona, Hospital Sant Pau   ©pemónbouzas A cidade de Barcelona sempre me resultou acolledora en todas e cada unha das moitas ducias de visitas que lle fixen. Gozo camiñando polas súas rúas, polas avenidas e os paseos, sentado nunha terraza tomando un café ou, se toca, unha copa de cava, con barceloneses e con visitantes coma min. Visitei museos, teatros e cines, o Liceo, a catedral gótica, a igrexa de Santa María do Mar, a Sagrada Familia, os edificios de Gaudí, restaurantes de primeiro nivel e casas de comidas non menos espectaculares, bares e discotecas. Pero non me lembro nunca movéndome en autobús. Niso pensei cando vin a película “El 47”, gañadora (ex aequo) hai uns días do Goya á mellor película de 2024, cun Eduard Fernández e unha Clara  Segura espectaculares. Barcelona ten moitos barrios con glamour , Gracia, Sant Gervasi, Pedralves, Sarriá, o Gótico, o Born, L’Eixample...   e ten outros que quedan desenfocados para os propios habitantes dos ante...