DEMOCRACIA
©pemónbouzas |
Ante a pasividade das dereitas
democráticas e a división minifundista
das esquerdas, así como o abandono da clase traballadora por parte dos grandes
partidos, o gran esforzo que hai que facer ante a irrupción fascista mundial
auspiciada por varios líderes de grandes potencias é o de loitar, outra vez,
pola DEMOCRACIA. Sen descanso, sen tregua. DEMOCRACIA significa LIBERDADE,
significa defensa dos nosos dereitos, significa que todos somos iguais,
significa que podemos escoller libremente os nosos representantes, pensemos o
que pensemos e teñamos a ideoloxía que teñamos.
O discurso fascista mundial apoderouse das
palabras de dos símbolos que quere destruír, palabras como liberdade, xustiza,
verdade. Tamén fai seus os símbolos de cada patria, como se so eles foran
patriotas.
Nós somos culpables de chegar a este
punto. Cría corvos e arrancaranche os ollos. Creamos sociedades de persoas brandas, que ao
mínimo obstáculo quedan bloqueadas en entran en ansiedade ou depresión; pero,
iso si, teñen máis dereitos que ninguén sendo máis ignorantes, incultos,
maleducados, irrespectuosos ca nunca e, no caso dos homes, máis farfalláns,
machotes e machistas ca nunca, adorados por un bo número de mulleres máis
machistas ca eles. A cultura musical do reguetón importado de latinoamerica
ten moita culpa, pero non toda. Estes corvos que criamos son os que, coa axuda
de aqueles noutrora admirados mozos de Silicon Valley, son os que votan contra
a DEMOCRACIA.
Afortunadamente, quedan mulleres formadas,
educadas, emprendedoras, cultas, decididas e implicadas, que poden ser as
salvadoras da democracia.
Comentarios
Publicar un comentario