Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

To be Abernot, unha reportaxe de France 3

Imaxe
  Con Denez Abernot, na súa casa, preparando "Novos pasos por Bretaña"  ©pemónbouzas To be Abernot . Unha historia de amor. Pola terra, pola súa terra, polo mar, polos seus mares, pola súa lingua, polos seus vivos, polos seus mortos. Estou a falar dun home do renacemento, cunha vida total, cunhas capacidades artísticas absolutas, cun pensamento tan “simple” que reflicte universal. Un home que, sen berrar, sen proclamas, sen estridencias, loita polo seu mundo, loita contra a inxustiza, contras as guerras que tanto sufrimento provocaron na súa familia, nos seus veciños, na súa terra, no seu mar. O seu nome: Denez Abernot . A súa terra: Bretaña . O seu mar: todos. A sua lingua: Brezhoneg . “ To be Abernot ” é o título da reportaxe realizada por France 3 e conducido por Aziliz Bourgès  sobre a figura de Denez Abernot. Ven levado, sobre todo ao contar coa dificultade de que o protagonista fuxe das cámaras e, polo tanto, non aparece en pantalla pero si se lle escoita falar....

"Downtown" e o maletín máxico

Imaxe
  O centro da cidade pode facer feliz. Iso é o que suxire a canción. Era moi neno cando o meu pai entrou na casa cun pequeno maletín máxico. Resultou ser un tocadiscos   da marca Conver, fabricado en Granollers, que viña co agasallo dun Long Play de grandes éxitos de aqueles anos, uns en inglés, creo lembrar que tamén había cancións en francés e en castelán; unha delas, era o éxito mundial “Downtown” cantado pola inglesa Petula Clark, no que un tal Jimmy Page, futuro fundador de Led Zeppelin, tocaba unha guitarra case imperceptible. Se daquela xogaba a ler noticias dos xornais detrás dun cartón recortado que facía as veces de televisor, aquel maletín tocadiscos fixo agromar en min poñer música e adorar a radio. Xa o dicía o sempre lembrado Rudyard Kipling, a infancia volve, cremos que volve, pero sempre está aí. Aquel maletín Conver consumiu electricidade e moitas agullas, de tanto que se desgastaban, sobre todo nos veráns en Palmeira, co volume a todo trapo xa que non s...

DEMOCRACIA

Imaxe
  ©pemónbouzas Ante a pasividade das dereitas democráticas e a división   minifundista das esquerdas , así como o abandono da clase traballadora por parte dos grandes partidos, o gran esforzo que hai que facer ante a irrupción fascista mundial auspiciada por varios líderes de grandes potencias é o de loitar, outra vez, pola DEMOCRACIA . Sen descanso, sen tregua. DEMOCRACIA significa LIBERDADE , significa defensa dos nosos dereitos, significa que todos somos iguais, significa que podemos escoller libremente os nosos representantes, pensemos o que pensemos e teñamos a ideoloxía que teñamos. O discurso fascista mundial apoderouse das palabras de dos símbolos que quere destruír, palabras como liberdade, xustiza, verdade. Tamén fai seus os símbolos de cada patria, como se so eles foran patriotas. Nós somos culpables de chegar a este punto. Cría corvos e arrancaranche os ollos.   Creamos sociedades de persoas brandas, que ao mínimo obstáculo quedan bloqueadas en entran e...

Xa están aquí!!!

Imaxe
  Na miña cova, aínda optimista.  © pemonbouzas   A velas vir. Así é como comeza este ano 2025. Uns, poucos, observando; o resto do mundo a velas vir, decatándose do que chega cando xa o teñen enriba. Hai uns trinta anos, un enxeñeiro informático especializado en intelixencia artificial dixo unha frase que, daquela,  me desconcertou: “ O mundo, tal como o coñecemos, está en mans de intelectuais con ampla formación e de científicos de primeiro nivel que son quen de asesorar os líderes políticos que buscan o mellor para a sociedade. Iso vai cambiar, en poucas décadas o mundo vai estar en mans de informáticos altamente cualificados no seu campo e ignorantes do mundo que lles rodea, xa que para eles so contan os protagonistas dos videoxogos e os súper heroes da ‘cultura’ norteamericana ”. Xa están aquí!!!   A prensa recolle hoxe o paso atrás, a recuada, de META e do seu propietario Mark Zuckerberg no tocante á moderación de contidos falsos en Instagram e Face...