Horario de protección de menores nas Televisións
Captura de pantalla da páxina de La Vanguardia |
Dende hai anos, os medios de comunicación audiovisuais deben
cumprir a normativa de horarios de protección de menores; por exemplo, TVE non
emite contidos considerados prexudiciais para os menores entre as 6:00 horas da mañá
e as 22:00 horas. Todos, en maior ou menor medida, respectan a lei. Pero que
pasa con Internet e coas Redes Sociais? Protexen ao menor? NON.
O debate sobre idades para ter móbiles e
acceso a Internet e Redes Sociais e morno e hipócrita. Ou se protexe a
infancia, ou non se protexe. Australia sorprendeunos hai uns días cunha lei que
prohibe os menores de 16 anos accederen a Redes Sociais. Valentes. Agora, cando
Meta (Facebook, Instagram e WhatsApp) anuncia que non vai renovar os acordos de
pago dunha cota os medios de comunicación de aquel país, é o propio Goberno, co
apoio do Parlamento, quen imporá unha taxa obrigatoria ás redes de Meta e Tiktok
para axudaren a financiar os medios, o xornalismo.
Semellan bos comezos non so para apoiar o
xornalismo, freando a desinformación, sobre todo para volver formar e educar os
menores empregando as ferramentas que garanten ese obxectivo, as que deben
manexar profesores e pais. De tal xeito que, charlatáns de feira cos máis
potentes altofalantes, proxenetas, delincuentes, fascistas, terroristas e
xeradores de trolas e desinformación, non poidan acceder coas súas mensaxes
perniciosas aos máis novos.
Deberíamos pensar niso. Deberíamos actuar
xa. Os menores non deberían documentarse e aprender as súas materias en Tiktok
que é, por desgraza, a súa única fonte de documentación.
Comentarios
Publicar un comentario