Viquingos. Sympathy for the devil
Resulta, cando menos, sorprendente e, quizais preocupante nestes tempos, a simpatía por todo o que significa destrución . O cine , a televisión e moitos autores de libros , empurrados pola industria, producen e xeran historias que, en moitos casos, terxiversan a realidade para favoreceren a mitificación idílica dos seus personaxes, incrementando determinados valores que deixan en segundo ou terceiro planos o carácter real, no caso dos viquingos , a violencia pola violencia, o asasinato, o xenocidio de aldeas enteiras, a pillaxe, o saqueo, as violacións... Galicia sente particularmente esa querenza; ata hai unha multitudinaria festa viquinga que recrea como chegaban pola ría de Arousa coas mesmas intencións que a calquera outro lugar que visitaran, morte, destrución e saqueo . As series televisivas e as películas de diferentes sagas de guerreiros viquingos chegados dos países nórdicos son un bo exemplo desa mitificación, na que a crueldade vese en todo momento xustificad...