A rapaza da perla

 

Recomendación visual: deleitarse coa obra de Johannes VermeerA rapaza da perla” escoitando a “Serenata” de Franz Schubert interpretada por Camille Thomas and Beatrice Berrut. 

https://www.youtube.com/watch?v=_JpXlliAn2Iç

Schubert foi un romántico, a súa música é definitoria. Vermeer, porén, é un dos máximos expoñentes do barroco; aínda así, se un é quen de deterse a observar a súa obra, atreveríame a dicir que hai un halo romántico nas súas escenas cotiás. A mirada da rapaza da perla, a súa doce expresión traslada o espectador  a un espazo e un tempo limpos e puros.

Romántico pode resultar, dende unha visión contemporánea, o achado dunha perla nun molusco bivalvo, normalmente ostras.  A noticia que ocupou espazo en todo tipo de medios estes días fai alusión á prezada xoia atopada de forma casual por una rapaza no interior dunha ameixa xapónica, das que se cultivan na ría de Muros-Noia, cando degustaba un exquisito prato de ameixas á mariñeira no restaurante no que ela mesma traballa. Unha perla purpura, nunha ameixa galega. A rapaza da perla, a galega, seria a modelo dun Vermeer actual, ou non, porque ese tipo de retratos xa non buscan na actualidade as emocións, os sentimentos nin os pequenos universos; hoxe chámanse selfies e buscan un impacto máis inmediato de sedución con altas doses de erotismo. A noticia da rapaza da perla galega é romántica so dende o punto de vista da xoia, da perla en si mesma. No mes de outubro pasado, houbo outra rapaza da perla, perla púrpura tamén, cando unha muller ceaba nun restaurante de
Rehoboth Beach
, no estado norteamericano de Delaware, celebrando co seu home os corenta anos de relación. Se non fora porque inmediatamente se buscou o valor da perla, 4000 dólares, esa historia contemporánea si me parece máis romántica.

En todo caso, fora en Galicia ou nos EEUU, ambas as súas noticias non deixan de ser un bo pretexto para pasmar  un pouco diante da “Rapaza da perla”  de Vermeer escoitando música do romanticismo europeo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio