Pensadores vs Usuarios

 

Recomendación para esta lectura: Observar con calma a obra "O pensador" de Rodin e escoitar 'Casta diva' da ópera 'Norma' de Bellini interpretada por Joan Sutherland https://youtu.be/iK2LwLyZAlc

Vivimos uns tempos nos que a filosofía da vida se resume na ecuación acción/reacción. Alguén  fai un comentario e inmediatamente recibe a resposta. Comentarios breves, a ser posible, porque máis alá dos 140 carácteres ou dos dous minutos e medio de podcast, vídeo ou calquera outro formato nas redes deixa de interesar. Na maioría das ocasións, a acción, a mensaxe, que alguén fai pública ou comparte en medios ou en redes, está mais ou menos pensada e ten como obxectivo a difusión dunha idea. A reacción, escrava da inmediatez, case nunca é pensada. E aí é onde comeza o debate, un debate baleiro de contidos pero case sempre cheo de ignorancia e testosterona, aínda que haxa mulleres de por medio. Boa parte da culpa dese mal que nos afecta como sociedade é intrínseco ás ferramentas que empregamos para comunicarnos, as redes sociais, que determinan a cantidade de contido por publicación, provocan a inmediatez na resposta, como se unha idea fora como un produto de consumo de usar e tirar, e a inmediata caducidade da mensaxe que queda esmagada polas que os demais están publicando nesa mesma rede.   Antes so existía o Facebook, pero agora, se eramos poucos, hai Instagram, Tiktok, YouTube, Twich, Telegram, Snapchat, Sina Weibo,... todas con millóns de usuarios.

Esta reflexión en voz alta, ou negro sobre branco, non deixa de ser unha acción pensada, acción que definiría como un desafogo vital, consciente de que o meu berro xa se perdeu na inmensidade do universo das redes de internet. O pensamento require  cultivo e, polo tanto, esforzo, por iso non abunda nas redes sociais, haino que cultivar e descubrir fora, nos libros, nas bibliotecas, nos museos, na natureza, na música... (ollo, dixen música). O pensamento é a álternativa á inmmediatez, á incultura, aos ocorrentes (léase xente como moitos influencers, algúns políticos case sempre de dereitas ou das ultradereitas...)



Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio