Cando os lobos escoitaban a radio (Sinopse)

 


En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película Foise co vento. A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda e seis anos dende que tamén rematara a II Guerra Mundial.

Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca do Bierzo, das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera, un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores. Cada vez estaban máis acurralados polas forzas da orde, por pistoleiros fanáticos e por caza recompensas amparados pola lei.

Unha historia épica, de supervivencia, de desesperación e de esperanza, afastada de posicionamentos maniqueos e repleta de sentimentos, de emocións e de afouteza.

A novela de non ficción Cando os lobos escoitaban a radio apóiase en feitos acontecidos narrados por algúns protagonistas e contrastados cos traballos realizados por historiadores, escritores e xornalistas que investigaron fondamente sobre o tema.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio