Os sons do silencio


O silencio é un alicerce da nosa alma. Forma parte da soidade do ser humano: é necesario! Son necesarios. Nesta sociedade hipercomunicada, inundada de redes que até fagocitan os medios de comunicación (as radios e as televisións que queren ser “modernos”), unha sociedade saturada, a soidade converteuse nun elemento latente, permanente, invisible e patolóxico. Nada que ver coa soidade dos poetas, dos filósofos, dos pensadores, dos artistas.

Tantas amizades de pantallazo, tantos “likes”, tanta exposición fatua, alimentan o monstro máis poderoso que existe hoxe en día, un monstro que devora vidas, que anula emocións (por substituír as reais polas ficticias, que so son algoritmos), que anula futuros e con eles proxectos vitais de crecemento humano, de desenvolvemento individual e colectivo, anulando de paso sociedades enteiras que acaban dando poder aos fillos do monstro, megapoderosos sen principios, que en vez de investir en investigacións verdadeiramente necesarias para a humanidade so pensan en como deter a vellez para ser eternos, guapos, xoves e... malvados. Namentres, van conseguindo seguidores que engordan as súas riquezas sen saberen que van morrer por ansiedade e polos problemas psicolóxicos que dela derivan, ou de cancro, ou de calquera outra enfermidade, porque non se destinan recursos suficientes para a investigación.

Vivimos uns tempos que so pagan a pena grazas a eses poucos “raros” que se preocupan pola cultura, pola educación, a pesar de todo e de case todos, pola ciencia, polas artes, por tocar a terra, a area, descalzos, por sentir a natureza en todo o seu esplendor (aproveitando para recoller lixo e deposítalo onde corresponde). O resto do mundo, como di a canción son como esas...

Dez mil persoas, tal vez máis (Ten thousand people, maybe more)

Xente falando sen dicir nada (People talking without speaking)

Xente escoitando sen atender (People hearing without listening)

Xente escribindo cancións que as voces nunca comparten (People writing songs that voices never share)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio