Xa hai vinte anos!
Memorial dunha das Torres Xemelgas na Zona Cero Eran arredor das tres da tarde en España cando, entrando na cafetería do traballo aquel 11 de setembro de 2001 vin varios compañeiros moi atentos ao televisor que colgaba da parede. Intereseime polo que sucedía, mentres vía unha das torres xemelgas botando fume en pisos moi altos, e moita desfeita, como a provocada por unha explosión. Alguén comentou que semellaba unha bomba, outro que vira as imaxes completas dixo que se estrelara un avión contra a torre. Varios comentamos que nos estrañaba moito un accidente de aviación no que o avión se estrelara contra unha das torres xemelgas. Niso, vemos en directo como un segundo avión estrelase contra a outra torre. ¡Atentado terrorista! Sen dúbida. A miña primeira reacción foi chamar a coñecidos residentes en Manhattan e en New Jersey, como así o fixen, para que me comentaran o que dicían as noticias norteamericanas sobre os atentados. A miña sorpresa foi que fun eu mesmo que lles ...