New York, lembrando o 11 de setembro de 2001
![]() |
New York, Zona Cero. 2001 |
-Un accidente –dicían uns.
-Como vai ser un accidente! É imposible! –dicía outro.
Hai que ir adrede contra a torre.
O mundo cambiou aquel día. Dende entón mudaron as medidas
de seguridade no trasporte mundial. Dende entón máis guerras en Oriente. Dende entón
o petróleo máis caro. Dende entón máis violencia, xenofobia, racismo... Dende
entón máis terrorismo: Madrid, Londres, París, Bruxelas, Istambul, ... por non
mencionar os atentados diarios en países musulmáns en conflito nos que morren cada
día ducias de persoas, sempre inocentes.
Dende entón, decadencia social, incultura fomentada en
occidente por gobernos neoliberais ultracapitalistas que privatizan a sanidade, deterioran a educación, fomentan
as universidades privadas con cartos públicos, aniquilan a cultura, provocan conflitos
territoriais, guerras sobre mentiras, degradan o ecosistema e a paisaxe, etc.
![]() |
Restos da catástrofe |
Estiven na zona cero de Nova York pouco despois dos
atentados. As mangueiras dos bombeiros aínda traballaban arreo. Outros
bombeiros e policías chegaban en peregrinación dende moitos lugares de Estados
Unidos, homes e mulleres feitos e dereitos, moitos deles de sete pes de altura e
mais de duascentas libras de peso, chorando sen consolo. Respirábanse cinza e
bágoas.
Lembro aquela atmosfera con inquedanza.
![]() |
Pomba da paz de Calatrava. Nova estación do metro da Zona Cero |
![]() |
Estanque onde estaba a torre sur. |
Sentín calafríos na zona cero hai uns meses.
Sentín
esperanza polo bo que pode facer o ser humano.
Comentarios
Publicar un comentario