Biblioteca de autor 6: Las brujas de Salem o El Crisol (The Crucible)



Unha das maravillas que caeron nas miñas máns hai anos foi a obra do dramaturgo Arthur MillerLas brujas de Salem o El Crisol” con título orixinal en inglés “The crucible”. Trátase dunha obra de teatro inspirada nos dramáticos sucesos que aconteceron na pequena vila de Salem, Massachussets, polo ano 1692 no que 19 mulleres novas foron queimadas por bruxaría e entre 200 e 300 foron acusadas en maior ou menor medida de participaren en actos impuros, diabólicos, prohibidos pola sociedade puritana daquela provincia americana de finais do s.XVII. Caza de bruxas para disfrazar outros intereses, coma sempre, económicos, políticos, de dominio sobre outras familias rivais, sobre outros pensamentos. 

Interesabame moito o tema por todos os elementos que rodeaban os fitos históricos como polo tratamento literario feito por Miller na súa exitosa obra. Porén, durante aquela primeira lectura que me abraiou, descoñecía que Miller escollera ese tema como metáfora da caza de bruxas que tantos americanos experimentaron, el tamén, por culpa da política difamatoria e delatora dos seguidores do senador McCarthy que vía comunistas detrás de cada esquina. Arthur Miller foi absolto pouco antes de entrar na cadea por desacato ao Congreso grazas á sentenza do Tribunal de Apelación.


Co paso dos anos chegou a min unha versión en banda deseñada que tamén considero extraordinaria: “Verano Indio” de Hugo Pratt e Milo Manara.Unha xoia.

Volvín a Miller e o seu “Crisol” cando estaba preparando a novela “A voz do vento”.

Comentarios

  1. Un drama en el que junto a la controversia política se entrelaza la grandísima sensibilidad moral de Arthur Miller.
    Los hechos que se narran en “las brujas de Salem” son lejanos en el tiempo respecto a la época que Miller estaba viviendo, pero ambos tienen una base común de intolerancia y fanatismo. Por ésta última apreciación, también podríamos considerar la obra como muy actual.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio