Patrimonio Márítimo
![]() |
Rada de Brest- Bretaña |
A
pesca é unha actividade que se ven realizando desde os principios
dos tempos ata agora mesmo. As novas tecnoloxías aplicadas á
navegación, as artes de pesca, as comunicacións por satélite,
favorecen na actualidade ao sector, tan importante na economía
galega. Pero antes, non había iso. Saíase a navegar co que había,
nas embarcacións que hoxe consideramos e chamamos “tradicionais”:
dornas, gamelas, lanchas, etc. Agora son patrimonio. Agora toca
defendelas. Iso fan dende a Federación Galega pola Cultura Marítima
e Fluvial que acolle a un importante número de asociacións
espalladas pola xeografía galega.
Pensando
neles, pero sobre todo pensando nas embarcacións tradicionais,
fixemos dous documentais que axudaran á posta en valor duns e
doutras. Quixemos destacar a épica que supón a defensa do
patrimonio marítimo e a propia navegación polas costas galegas en
embarcacións de tan fermosa fasquía.
Estas
son as ligazóns:
Un mar
de velas
Paixón
polo mar
Comentarios
Publicar un comentario