A VOZ DO VENTO. Prensa 3
Nova
entrega de recortes de prensa con entrevistas e/ou críticas sobre a novela A
VOZ DO VENTO (Xerais) LA VOZ DEL VIENTO (Algaida). Nesta ocasión van as de
Xurxo Fernández no seu Crisol da contra de El Correo Gallego, a crítica de Laura Blanco no Faro da Cultura
de Faro de Vigo, a recensión de Marta Resille en Protexta e a entrevista que me
fixeron en Tempo de Lecer Ourense cando estiven na feira do libro da cidade das
Burgas.
EL CORREO GALLEGO
Xurxo Fernández
FARO DA CULTURA - FARO DE VIGO
Laura Blanco
PROTEXTA
Marta Resille
TEMPO DE LECER - OURENSE
Redacción
La
Voz del Viento/ A Voz do Vento es
increíble; llena de entes gigantescos, posee un concepto decisivo del amor a
muerte…
…Es
una noche del alma. Es un pliegue vergonzoso de la historia. Y es una novela
que demuestra que cualquier tiempo pasado fue… igual a este. Absolutamente
extraordinaria.
FARO DA CULTURA - FARO DE VIGO
Laura Blanco
Relato
do mal. Unha ben axeitada narración.
O
autor pon o listón alto para a novela histórica e social en lingua galega.
PROTEXTA
Marta Resille
A
bruxa María Soliño
Novela
coral baseada nunha das lendas máis destacadas da tradición oral galega, que o
autor localiza no Morrazo do século XVII.
A
corrupción está á orde do día e os poderosos pagan favores encubríndose un saos
outros para perpetuarse na súa situación privilexiada. O pobo, temeroso do seu
futuro, alíase contra os vecinos acusados, condenados e expoliados só por non
correr a mesma sorte. Poderíamos estar falando de aquí e agora, pero estamos
nas Rías Baixas en 1617.
TEMPO DE LECER - OURENSE
Redacción
Pemón Bouzas: "María Soliña foi
vítima dunha sociedade chea de cobiza que se aproveitaba dos máis débiles"
O libro foi premiado no LX Premio Ateneo Ciudad de Valladolid.
![]() |
Asinando ate esgotar exemplares na Feira do Libro de Ourense |
Actividade: Entrevista
co escritor e xornalista Pemón Bouzas con motivo da publicación da
súa última novela: A voz do vento.
Editorial: Xerais.
De interese: O escritor
presentou o libro na Feira do Libro de Ourense.
Ourense, 24 de xullo
de 2014
Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areales de Cangas,
Muros de noite se erguían:
Ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gueivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de agua fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
María Soliña.
(Celso Emilio Ferreiro)
(Celso Emilio Ferreiro)
E foi relendo estos versos de Celso Emilio Ferreiro cando o escritor e
xornalista Pemón Bouzas e as musas se atoparon. E como se un vento
favorable trouxese consigo a historia que quería contar (e que tiña que
ser contada do xeito máis fiel posible) se fraguou A voz do vento.
Que o
levou a escribir este libro?
- Tiña ganas de facer un libro moi galego, sen presa por publicalo. Dende o
2008 que sacara Las luces del Norte estaba
na busca do personaxe, do momento, da historia que me levase a
escribir a obra que desexeba. E case como de casualidade, relendo a Celso
Emilio Ferreiro cheguei ao poema que lle dedicou a María Soliña e díxenme:
'aquí está, aquí está o que andaba a buscar'. Así que empecei a investigar, a
tirar de fíos e fun descubrindo toda unha historia que vai moito máis alá do
que coñecemos. Todos cremos saber a historia de María Soliña, pero quedaba
moito por contar, hai moitas historias paralelas e versións confusas,
incluso nos mesmos documentos oficiais, como se tentasen encubrir ou modificar
a realidade. Eu con este libro tento achegala ao lector do xeito máis fiel
posible. Paralelamente, mentres escribía o libro, uniuselle o momento
de crise que vivimos e confluiron ambas cousas: personaxes históricos e momento
de perda de valores no que estamos.
Foi
complicada a labor de investigación?
- Dende o xornalismo sabemos onde hai que buscar. Sabía onde acudir para
averiguar todos os datos que puidese sobre esta historia e tamén teño bos
amigos que me guiaron e recomendaron onde indagar. Con todo, foi un
traballo de case dous anos de lectura, investigación e de percorrer os lugares
por onde se desenvolve a historia. Neste senso, esta é outra das cousas que me
propuxen ao escribir o libro: Ir e coñecer os lugares nos que se
desenvolve o libro con outros ollos: Cangas, Aldán, Bueu... revividos como
sería fai 400 anos.
Parece
como se o libro levase intrínseca unha ruta cultural e turística...
- A verdade é que cando te pos a escribir non es consciente de todo o que
pode xurdir ao seu arredor pero, recentemente, nun coloquio de presentación en
Cangas comentaban que o libro ben podía ser unha base para crear un roteiro
polos lugares onde se desenvolve a historia de María Soliña. E, dende o meu
punto de vista, sería unha pena que non se aproveitase, especialmente tendo en
conta que dentro de tres anos cúmprese o 400 aniversario do ataque pirata turco
á vila de Cangas. Sería moi interesante unir cultura e turismo nesta data e
tamén moi beneficioso.
Na
novela parece querer devolver a importancia da muller na sociedade a través
da figura de María Soliña.
- Efectivamente María Soliña, como tantas outras, foi unha muller
sufridora, vítima dun ataque ás familias, dunha sociedade chea de cobiza que se
aproveitaba dos máis débiles, neste caso mulleres, a maioría das veces viúvas
porque os seus homes morreran na loita. Foi unha muller que loitou por ela, e
tamén polo seu entorno e merece que o seu valor sexa recoñecido.
A voz do vento, a que se debe o título?
- Vén do poema de Celso Emilio Ferreiro, A voz do vento xemía,
o mesmo que me fixo atoparme co libro que quería escribir. E a verdade é que o
vento ten un especial protagonismo na novela. Hai un vento escuro, que é
mencionado por María Soliña e outros personaxes do libro varias veces:
"este vento é unha desgraza, non trae nada bo". Tamén había un
posible segundo título: O espíritu do aire, visto
como dun xeito positivo, agarimoso, que acouga, maternal... E o vento en
Cangas, en Galicia en xeral, ten protagonismo propio
As
tradicións e lendas teñen forte presencia no libro.
- Pero eu non o busco... Hai que poñerse en situación, fai 400 anos, nunha
época de fame, da postguerra, sen televisión nin whatsapp, coa radio, no mellor
dos casos, como único medio de comunicación do que está a ocorrer... todo
xira arredor do fogar e das historias que nel se contan e, se aínda hoxe en
día hai historias de meigas, Santa Compaña, lendas... nas
aldeas... canto máis nesa época.
O libro
xa obtivo un gran recoñecemento, o LX Premio Ateneo Ciudad de Valladolid. Que
significa para vostede?
- Foi un sorpresón e unha ledicia por levar un premio desta
categoría que foi dirixido durante un tempo por Miguel Delibes. Ademais, é o
segundo certame máis antigo de España, tras o Planeta. Sen dúbida é un moi bo
recoñecemento para dar un empuxe e facer visible a novela.
Viviu algún
momento "complicado "mentres escribia o libro?
- Eu son un escritor de método, necesito ter todo organizado,
pensado e documentado diante de min antes de empezar a escribir. Cando
empezo un libro, sei o que quero contar, pero a veces, como é o caso, a mesma
documentación fíxome reestructurar a historia, facer cambios segundo me
foron aparecendo personaxes secundarios. Este é un momento de lentitude, que
leva o seu tempo, pero se hai un momento dramático, de estrés
emocional, é cando un está moi metido nunha trama e non é capaz de avanzar.
Cando un personaxe se che atravesa e non evoluciona, son momentos
verdadeiramente duros.
Como se
sinte tras esta publicación?
- Levo dous meses e medio de intensa promoción no País Vasco, en Valencia,
León, aquí, en Galicia... e estou moi satisfeito pola acollida que está a ter.
Dende fai catro ou cinco semanas está a ser o libro en galego máis vendido e é
moi satisfatorio tras un longo recorrido ver que ten estos froitos e que está a
gustar.
Como
animaría a alguén que empeza a escribir?
- Que nunca se rinda. Que se ten capacidade, o máis importante é crer nun
mesmo, e con disciplina e constancia, pódese chegar onde un se propoña. Pero as
musas cando veñen, teñen que atoparte traballando, se non, non vale de nada.
Sipnose de A voz do vento
A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre
porque varias das súas veciñas son levadas diante do tribunal da Santa
Inquisición en Santiago de Compostela acusadas de bruxaría. Entre elas está
María Soliño, unha muller con facenda e negocios que andaba polos sesenta anos
cando foi xulgada. Cangas gozaba dunha economía boiante baseada na pesca e no
comercio local e internacional, até que no ano 1617 sufriu o ataque dunha frota
de piratas berberiscos que cambiou a súa historia. Reunións de bruxas en
lascivos aquelarres nas praias, delacións entre veciños ou abusos de poder,
alimentaban sermóns moralizantes dende os púlpitos e ansias xusticeiras en boa
parte da sociedade. María Soliño, ou Soliña, converteuse nunha personaxe
lendaria para a sociedade galega, difuminada polo paso do tempo e cantada polo
gran poeta Celso Emilio Ferreiro.
Comentarios
Publicar un comentario