Un apunte sobre "O espírito do aire"
![]() |
Atenea |
Como dícíamos onte, a senda da
escrita lévanos por lugares insospeitados do mesmo xeito que nos
afasta doutros. Hai un ano mais ou menos que O Espírito do Aire se
isntalou en min con tanta intensidade que non conseguín ter folgos
para poder escribir neste foro nin para participar doutros foros
menos literarios pero tamén apetecibles. Porén, non quere dicir que
non pensara algunha vez en reflectir aquí impresións sobre libros
lidos nestes últimos doce meses, sobre escapadas e experiencias
vividas noutros lugares, sobre acontecementos que nos conmocionaron e
sobre persoas que me cautivaron.
Insisto en que foi O Espírito do Aire
quen me puido. Afortunadamente, os deuses quixeron sorrirme e o
xurado do Premio de Novela Ateneo de Valladolid 2013 foi quen de
premiar a miña novela, esa que se vai titular O Espírito do Aire,
ou El Espíritu del Aire en castelán, que vai estar nas librerías
no mes de marzo de 2014 publicada por Xerais en galego e por Algaida
en castelán.
Unha historia de crise social como
consecuencia do trauma sufrido por unha vila, Cangas do Morrazo, a
principios do século XVII. Unha historia con moitas historias, con
tradición, con bruxería, con inquisición, con amor e con sexo, con
sufrimento e con morte, cun personaxe como a lendaria María Soliño
lembrada polo gran poeta Celso Emilio Ferreiro. Pero tamén é unha
historia de esperanza e de futuro, non esquezamos que a novela se
titula O Espírito do Aire.
Comentarios
Publicar un comentario