Camiño de Santiago
O Camiño Francés.
No mes de setembro
de 2004, en pleno Xacobeo, Victorino mais eu, co axudante de cámara Mati,
fixemos o Camiño de Santiago por excelencia, o Camiño Francés. O 23 de outubro
daquel ano O Camiño de Santiago ía recibir o Premio Príncipe de Asturias á
Concordia e o noso traballo ía ser, e foi, elixido para emitir na TVG xusto
despois da retransmisión de entrega do Premio en Oviedo.
![]() |
En Puente La Reina |
Para tan longa
viaxe na que as paradas eran o máis importante e as historias do camiño o noso obxectivo,
fixemos unha importante preparación no tocante
a esquema de traballo, documentación, produción e, incluso, fisicamente xa que sabíamos da dureza do mesmo
tendo en conta as zonas gastronómicas e vitivinícolas que o Camiño Francés
atravesa. Tiñamos que estar á altura das circunstancias.
![]() |
Diante da fachada da catedral de Burgos |
Seguimos o mesmo
esquema de Historias de Compostela, steadycam e planos secuencia, rematamos de
escribir os guións nos hoteis e no coche, fixemos o traballo con entrega e dedicación e regresamos a casa
con varios quilos de mais.
Grandes lembranzas
dos pinchos en Pamplona e Logroño, dos pementos do piquillo, dos “cogollos” de
Tudela, do rabo de touro de Sahagún, do
cocido maragato de Castrillo de los Polvazares, do botillo de Molina Seca, da
cecina do Bierzo, dos hovos con raxo, xamón e chourizo do Cebreiro… dos rioxas,
ribeiras do Duero, Rueda, mencías do Bierzo… por poñer so algúns exemplos.
Dígovos que non hai mellor xeito de traballar.
O resultado de tal
desfeita foron os quilos que fun collendo segundo avanzaba o camiño.
Aquí vos queda.
Se queda libre o posto de presidente do clube de fans, xa hai candidato.
ResponderEliminarVer:
http://www.comerciogalicia.es/v/Ocio-y-cultura/Libros/Bestsellers/Sin_Marca/Central-Librera/Las-luces-del-Norte--de-Pem%C3%B3n-Bouzas/5634.aspx
http://www.comerciogalicia.es/v/Ocio-y-cultura/Libros/Galicia/Sin_Marca/Central-Librera/100-COSAS-QUE-HACER-EN-GALICIA-AL-MENOS-UNA-VEZ-EN-LA-VIDA-Autor--Pem%C3%B3n-Bouzas/596.aspx
http://www.comerciogalicia.es/v/Ocio-y-cultura/Libros/Galicia/Sin_Marca/Central-Librera/Mitos--ritos-y-leyendas-de-Galicia--La-magia-del-legado-Celta--Pem%C3%B3n-Bouzas---Xos%C3%A9-A--Domelo-/4389.aspx
http://www.centrallibrera.com/index.php/las-luces-del-norte.html
http://www.centrallibrera.com/index.php/mitos-ritos-y-leyendas-de-galicia-18270.html
http://www.centrallibrera.com/index.php/100-cosas-que-hacer-en-galicia-al-menos-una-vez-en.html
Mandamos libros a donde haxa lectores
Moitas grazas a Central Librera, Grazas Miguel. Grazas aos meus lectores de Ferrol.
ResponderEliminar