Historias de Compostela
Santiago de
Compostela é unha cidade que agocha moitas historias, moitos pequenos segredos,
que non o foron pero que co paso do tempo quedaron esquecidos. Santiago é unha cidade histórica e monumental
cunha beleza e un patrimonio que a coloca entre as máis fermosas cidades do
mundo.
Ser foco de
espiritualidade de Occidente grazas á inventio,
o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, e a rápida formación do
primeiro núcleo urbano, o Locus Sancti Iacobi,
así como a construción da catedral románica, aportou un movemento inxente de
peregrinos que chegaron de toda Europa, por terra e por mar, que viñan atraídos
pola devoción ao apóstolo e polo que hoxe chamaríamos “novas oportunidades de
negocio”, falo de construtores de catedrais, de igrexas e de mosteiros, carpinteiros, frades,
cambistas, ilustradores, tradutores, especuladores e xentes de vida licenciosa,
entre outros moitos.

Hai algúns anos
realicei, con Victorino Lourido, unha
serie de pezas documentais sobre diferentes partes da cidade para seren
emitidas nos programas dos servizos
informativos da TVG. Posteriormente foron compactados para dar como resultado
unha especie de gran reportaxe documental sobre Compostela, documental que
se poder ver na web da TVG ou a través
desta ligazón.
Benvidos a Santiago
de Compostela.
Comentarios
Publicar un comentario