Un mar de velas… Paixón polo mar!

No ano 2007 Victorino Lourido mais eu decidimos facer un documental sobre as embarcacións tradicionais galegas, as traíñas, as dornas, as lanchas, as gamelas, os galeóns das rías, …,  e para tan  interesante tarefa nos apoiamos na celebración dos Encontros de Embarcacións Tradicionais que naquel ano tiñan lugar no Ferrol. Grazas á colaboración de organizadores ferroláns e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial Victorino Lourido mais eu, coa inestimable axuda do mariñeiro Xosé A. Domelo, puxemos “mans ás obras” (licenza poética con orixe nas illas Feroe). O resultado  foi UN MAR DE VELAS, un documental emitido pola TVG en varias ocasións dende aquel 2007.



UN MAR DE VELAS foi concibido como un vehículo de expresión das xentes do mar tradicional galego, eles e os seus barcos foron os protagonistas.
Esta é a ligazón para ver o documental na web da TVG.


Houbo unha segunda parte. Aproveitando que  Galicia era  convidada de honra na Fête Maritime de Brest 2008, alá na Bretaña, todo o equipo do documental partiu cara Brest para facer un segundo documental no que as embarcacións galegas, cos seus mariñeiros a bordo, ían navegar pola badía de Brest  carón de grandes veleiros  de moitas nacionalidades. O resultado foi PAIXÓN POLO MAR.
Aquí vos queda a ligazón para ver este documental na web da TVG




Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio