Encrucilladas



Un documental sobre cruceiros e petos de ánimas.



Un dos elementos patrimoniais máis característicos da paisaxe galega son os cruceiros, xa Castelao lles dedicara un gran libro titulado “As cruces de pedra na Galiza” publicado en 1950. Nesa magna obra o intelectual rianxeiro fixo unha análise descritiva, das diferentes tipoloxías de cruceiros existentes en Galicia, pero tamén foi moito máis ala na procura da significación e do simbolismo, facendo inclusive comparanzas cos monumentais cruceiros de Bretaña aos que dedicou outro traballo publicado en 1929.
Encrucilladas é un documental no que se  analizan os cruceiros pero que vai máis ala do seu valor arquitectónico e artístico, tratando aspectos que os relacionan con elementos da cultura popular como lendas, tradicións e rituais.
Encrucilladas foi dirixido e guionizado por Pemón Bouzas e con imaxe de Victorino Lourido, documental emitido pola TVG.
Agora está na web da televisión pública galega e para acceder directamente a el compre premer na seguinte ligazón e logo sobre o propio documental Encrucilladas:





Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio