O Paso do Noroeste na TVG

O documental “O paso do noroeste. Tenente de Navío Xacinto Caamaño” conta a viaxe que o mariño galego fixo a finais do século XVIII na procura ou desestimación da existencia do Paso do Noroeste, un paso mítico do que falaban lendas e bitácoras apócrifas de mariños españois de séculos precedentes. Neses  supostos diarios falábase da existencia dun paso navegable que uniría os océanos Atlántico e Pacífico e que situaban no territorio da actual Canadá.
No avión con Kelly e Victorino.


O mariño galego partíu do porto mexicano de San Blas coa obriga de explorar e cartografar a costa noroeste do continente americano dende a badía de Bucarely ata a desembocadura do río Columbia, territorios que se corresponden coas actuais  Alaska e a provincia da Columbia Británica do Canadá. A outra parte da misión fora encargada ao sí coñecido mariño Alexandro Malaspina.
Grazas a que os mariños españois e galegos foron pioneiros na navegación polas costas antes mentadas, chegaron antes que o coñecido mariño iglés James Cook, existen máis de mil topónimos con nomes casteláns e galegos na costa noroeste americana bañada polo océano Pacífico.

O documental foi escrito e dirixido por Pemón Bouzas  con imaxes de Victorino Lourido e realizado nas costas por onde navegaron hai máis de douscentos anos os mariños galegos na última época dos grandes veleiros.
Aquí queda a ligazón para poder ver o documental:
O documental foi editado sen ter podido gravar todas as imaxes desexadas, aínda así foi emitido pola TVG en varias ocasións.
Esperando por Pemón.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Cruceiros y "anxeliños" en Cuarto Milenio

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio

Semana Santa en la memoria