A arte de escribir: escritores e autores
![]() |
Thomas Mann |
Como en todas as actividades da vida, na escrita atopamos de todo. Vou poñer un exemplo: entre os futbolistas hai de todo, pensemos tan so na liga española de Primeira División con 20 equipos xogando o campionato, con 25 xogadores por equipo, a gran maioría son bos porque xogan en primeira, algúns son notables e podemos lembrar os seus nomes ou gozar do seu xogo, uns poucos son moi bos e xogan que é unha ledicia velos, tan so media ducia son extraordinarios. Pero lembremos asemade que tamén hai segunda, segunda división B, terceira, …
No mundo editorial pasa o mesmo. Moita xente escribe pero so un puñado roza a excelencia, é dicir, fai literatura. Todos, uns e outros somos autores, pero dende o meu punto de vista so un puñado goza desa excelencia, dese don que moito máis alá do oficio adquirido con formación e experiencia, fan literatura.
Moitos autores escriben bos libros, cada día aparece un bo libro, algunhas veces publícase un moi bo libro e, de cando en vez, unha xoia, unha obra de arte da literatura universal, que pode ser un poema, un conto para nenos, un texto teatral, un relato ou unha novela, en calquera idioma. De calquera libro podes aprender, podes gozar dun tempo gratificante coa súa lectura pero con algúns libros abres tanto a alma que deixas que formen parte de ti para sempre.
Non por moito madrugar amence máis cedo. Non por moito vocear (nas redes sociais sobre todo) que un é escritor vai ser certo. Somos simplemente autores (homes e mulleres), excepto eles, claro está, … os escritores.
moi bo, gostame,..., notase que ti sabes rozar a excelencia. unha aperta
ResponderEliminarGrazas, quero escribir ben, como todos.
ResponderEliminar