A arte de escribir: escritores e autores

Thomas Mann Dicía Thomas Mann que “ Un escritor é un home que, mais que calquera outro, é da opinión de que resulta difícil escribir ”. Porén, escoitei con demasiada frecuencia esa frase despectiva que di que “ hoxe escribe calquera ”. Quizais todos teñan razón. Se cadra, non tanto. Como en todas as actividades da vida, na escrita atopamos de todo. Vou poñer un exemplo: entre os futbolistas hai de todo, pensemos tan so na liga española de Primeira División con 20 equipos xogando o campionato, con 25 xogadores por equipo, a gran maioría son bos porque xogan en primeira, algúns son notables e podemos lembrar os seus nomes ou gozar do seu xogo, uns poucos son moi bos e xogan que é unha ledicia velos, tan so media ducia son extraordinarios. Pero lembremos asemade que tamén hai segunda, segunda división B, terceira, … No mundo editorial pasa o mesmo. Moita xente escribe pero so un puñado roza a excelencia, é dicir, fai literatura . Todos, uns e...