Literatura de viajes (2)

Entre el 20 y el 27 de junio tuvo lugar en Santiago el I Encontro Internacional de Literatura de Viaxes LITVI 2010.


A lo oportuno de la convocatoria acudieron escritores de la talla de Susana Fortes, Cristina Morató, Soledad Puértolas, Julio Llamazares, Paco Nadal, Javier Reverte... y muchos más. Entre todos llenaron de letras Santiago de Compostela, ciudad final del Camino de Santiago, meta de millones de viajes en la historia, sede idónea para un Encuentro de estas características que todos deseamos que tenga continuidad.

Participé en el Litvi 2010 presentando mi libro 100 COSAS QUE HACER EN GALICIA a los lectores que se acercaron a la carpa, intalada en la alameda de Santiago a tal efecto. También estuve moderando una mesa sobre Guías de Viajes. A continuación os dejo un extracto de mi intervención.




Falar de viaxes na literatura, falar de libros de viaxes, é falar de literatura con letras maiúsculas xa que, dende a poesía ó ensaio, dende o teatro o relato breve, dende a descrición dunha viaxe a unha novela, as viaxes son unha constante na historia da literatura. Pensemos en Julio Cesar, Estrabón, Plinio, Homero ou Jenofonte. Pensemos en Cervantes. Pensemos en Castelao, Manuel Antonio, Novoneyra ou Méndez Ferrín. Pensemos en Cunqueiro, Torrente, Pardo Bazán.


Non escribiron guías ó uso, senón grandes historias que se converteron en propostas de viaxes para os lectores, amén de levar viaxes nas respectivas obras. Si nos achegamos máis no tempo, atopamos numerosas mostras da denominada, neste caso con etiqueta, literatura de viaxes per se, na que os británicos, e anglosaxóns en xeral, reflectiron en libros a súas experiencias percorrendo o que entón eran territorios por descubrir, con historias que había que contar á sociedade da metrópole. Ademais dos puramente científicos como a experiencia de Darwin no Beagle, atopamos a Lawrence cos seus atardeceres etrúscos, a John Lewis Burckhurdt viaxando por oriente medio e países árabes, a Richard Burton indo á cidade dos mormóns, a Beckford viaxando por Portugal ou a Stephens narrando a viaxe ó Yucatán. Narracións como as do Capitán Cook e moitas outras popularizaron aínda máis os relatos de viaxes escritos polos viaxeiros. Esas narracións, xunto a moitas outras de autores máis ou menos contemporáneos moveron e moven a milleiros de lectores de todo o mundo por lugares que descubrir como experiencia vital, seguindo porén, o narrado por autores de ficción ou non ficción en libros que xa leran.
Entre tanto, foron aparecendo unha serie de libros con datos precisos de rotas determinadas, con informacións detalladas en eidos como os gastronómicos, monumentais, paisaxísticos, históricos, etc, tal vez pola necesidade de coñecemento rápido e preciso para un viaxeiro inminente nunha viaxe repentina. Ou non tanto.
Debo comentar unha serie de exemplos que merecen toda a consideración e que cumpren obxectivos comúns, nos que cabe facer diferenzas, ou non, sobre si son guías, ou libros de viaxes, ou como queiran chamarlle, calquera cousa menos ferramentas.

Resígnese o lector a non dispor deste libro como unha guía vulgar, ou un roteiro que se leva na man, ou catálogo xeral. Ás páxinas que seguen non hai que recorrer como axencia de viaxes ou escaparate turístico: o autor non veu dar consellos, aínda que sobre abonden en opinións. …Sen dúbida o autor foi onde sempre vai, pero tamén onde non se vai case nunca.
Viaxe a Portugal. Saramago.
------
Los mismos peregrinos han sido los que han trazado su camino utilizando las dos únicas entradas seguras de los romanos en los Pirineos occidentales. La ruta de Port Cize (Ibañeta) que facilita el paso a la gran vía Bordeaux- Astorga, o la ruta de lomport para la vía Bordeaux-Dax-Jaca- Zaragoza.
El Camino de Santiago. Guía del peregrino. Elías Valiña Sampedro.
------
Las canoas son de la misma hechura de un arpa, de manera que no se examina diferencia entre ellas y este instrumento, pues hasta la proa hace la curvidad que en aquél se necesita para afinar las cuerdas.

Diario da viaxe a Alaska 1779. Mourelle de la Rúa.

------
Cai a neve cai, cai
Falopiña a falopiña
Nin o vento a arremuiña
Nin a auga a desfai.

No bicarelo do bico do brelo
Canta un paxariño
No mesmiño

Bicarelo do bico do brelo.

Os eidos. Uxío Novoneyra.
------
Saramago invita a Portugal na súa visión subxectiva, a percorrer aqueles montes e aquelas vilas tan pisadas tan sentidas.
Con Elías Valiña, o peregrino a Compostela ten tódolos datos do camiño de peregrinación.

Con Mourelle de la Rúa un descobre terras e costas tan lonxanas que sorprende que sexan as mesmas das que falou Cook ou, máis tarde, o mesmo Jack London.

Grazas á poesía de Novoneyra, as peregrinacións as terras do Courel alimentan o mito e fornecen uns versos xa de por si extraordinarios, deixando naquelas terras sempre illadas posibilidades de mellora económica.

A literatura de viaxes e as viaxes na literatura gozan de boa saúde.

No programa Eirado do 26 de xuño participaron tres persoas relacionadas co Litvi 2010, a escritora Susana Fortes, a directora do Litvi 2010 Ana García Trevisani e o historiador Fernando López Alsina. No seguinte enlace podedes ver o programa:



Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio