Centenario de Luís Seoane

Luís Seoane foi un dos grandes intelectuais galegos do século XX. Tamén un dos de maior proxección internacional, con obra colgada nalgúns dos grandes museos do mundo. Recentemente, a primeiros do mes de abril de 2010, se celebrou en Santiago de Compostela un congreso sobre a súa figura no que participaron especialistas dos dous lados do Atlántico, de Arxentina e de Galicia. Aproveitando o centenario do seu nacemento, Luís Seoane naceu en Bos Aires en 1910, estanse a desenvolver en Galicia, ou o van facer en vindeiras datas, actividades sobre a figura de Seoane, ademais do mentado congreso organizado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Luís Seoane, esta institución con se na Coruña ofrece unha moi interesante mostra da obra plástica do ilustre galego.
No programa Eirado, o magazine cultural da TVG2, fixemos unha edición case monográfica sobre Luís Seoane. Contamos coa presenza da investigadora arxentina Beatriz Sarlo e co Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Foi enriquededor. Os interesados podedes ver o programa no seguinte enlace.




Hai anos tiven a oportunidade de contemplar unha das obras máis grandes de Seoane, “O nacemento do teatro arxentino”, un mural inmenso que se atopa no Teatro Municipal General San Martín de Buenos Aires. No seguinte enlace pódese ver unha foto dunha parte do mural e, navegando por esa páxina podese saber máis sobre Luís Seoane.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio