The Galician Connetion

A gaiteira Cristina Pato xa está de volta en New York, onde ten fixada a súa residencia. Antes de marchar a América estivo presentando o seu novo disco The Galician Connetion. Tratase dun disco esperado, xa que Cristina levaba moitos anos sen ofrecerlles ós seus seguidores un novo traballo discográfico.




Mais a espera pagou a pena. The Galician Connetion é un disco extraordinario, un disco que vai chegar moi lonxe. Vai ser unha referencia da música galega actual, como outros discos doutros artistas o foron noutras épocas.
Cristina Pato acadou unha madurez inusitada, unha calidade interpretativa pausada, impecable, un compromiso compositivo, con ela mesma e coa súa terra, claramente manifesto. Ademais, acompañouse duns magníficos músicos. En The Galician Connetion tamén está a Cristina Pato pianista, aportando un plus de calidade que vai moito máis alá do que os seguidores de sempre da gaiteira puideran imaxinar.
O disco, como xa dixen antes, é impecable todo el. Pero destacaría dous temas, os mesmos que interpretou no programa Eirado de TVG2, “Lamento” e “O loito do mar”. Na entrevista que mantiven con ela, Cristina pato fala desa madurez, desa pausa, dos seus proxectos, do disco...


Neste enlace está o programa Eirado no que participou Cristina Pato.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio