Paixón polo Mar, documental sobre Brest 2008





A mediados de xullo do ano pasado, 2008, tivo lugar na localidade bretoa de Brest a festa marítima que alí celebran cada catro anos. Nesta ocasión reuníronse na rada de Brest preto de tres mil embarcacións a vela representando a más de trinta países dos cinco continentes. Grandes veleiros de tres e catro mastros, veleiros de medio tamaño de un e dous mastros, e as pequenas embarcacións tradicionais, fixeron a ledicia do millón de visitantes que acudiron ós peiraos e pantaláns, e que en moitos casos puideron subir a bordo dalgunhas embarcacións.


Galicia foi unha das invitadas de honra, a que ocupou o lugar central da festa, aportando vintecinco embarcacións tradicionais entre dornas, gamelas, racús, traineras..., e máis de douscentos tripulantes que encheron de colorido a xa de por si impresiónante festa marítima.
Os outros países invitados de honra foron Croacia, Noruega, Madagascar e Vietnam. Todos aportaron mostras da súas respectivas culturas, gastronomía, historia naval, música, etc.
Pero había barcos de Estados Unidos, Irlanda, Inglaterra, Canadá, Xapón, Portugal, Italia, Nova Celandia, Australia, Rusia, Suecia, ..., e loxicamente de diversas zonas costeiras de Francia entre as que destacaba Bretaña.
Paixón polo Mar é un documental que hoxe estrea a Televisión de Galicia, emítese tarde, moi tarde, e que reflicte todo o que vos acabo de contar, o sucedido no Événement Maritime Brest 2008, máis unha introdución na que se buscan as relacións histórico-culturáis entre Bretaña e Galicia.
Este documental, Paixón polo Mar, foi feito polo mesmo equipo de Un Mar de Velas, Victorino Lourido foi o responsable de imaxe, Suso Rouco foi o seu axudante, Xosé Antonio Domelo fixo o guión conmigo, Pemón Bouzas, que tamén tiven a honra de dirixir ó documental.



Dende esta páxina quero agradecer as delegacións de Croacia, Xapón, e Noruega as facilidades que nos deron para desenvolver o noso traballo. Nin que dicir ten que tódolos compoñentes da delegación galega se mostraron dispostos en todo momento a botar unha man para que o noso traballo fose máis levadeiro. Finalmente, unha lembranza para os amigos bretóns que tamén nos descubriron cousas e lugares da súa terra.

Supoño que Paixón polo Mar non tardará en ser emitido en horario máis xeitoso na TDT da TVG.Cando o saiba, avisarei.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio