Embarcacións Tradicionais en Muros

Dorna Nai fronte a Muros



Se navegar a vela é sempre un pracer, una experiencia inesquecible, facelo nas embarcacións tradicionais resulta aínda máis reconfortante. Esta semana, coa celebración dos IX Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se celebraron en Muros as oportunidades se multiplicaron, incluso para aqueles que nunca, ou moi poucas veces, tiveron a oportunidade de navegar en dorna, gamela, trainera, racú ou galeón das rías. Moitas das embarcacións foron navegando dende os seus respectivos portos e aproveitaron os ventos favorables do sur suroeste, ideáis para entrar na ría, que soplaron a fin de semana pasada.
Non foron esas as condicións que tivemos o mércores cando zarpamos coa dorna Nai, da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, cando zarpamos do porto base de Riveira. Pasamos o Cabo Corrubedo ás 15,00 horas cun nordés que a medida que avanzaba a tarde arreciaba para chegar aos 17 nós entre as 17,00 e as 20,00 horas. Esa tremenda nordestada, acompañada por ondas do noroeste de dous a tres metros de altura que se nos votaban enriba cada catro segundos, pillounos no medio da entrada da ría de Muros, a unas dúas millas de Monte Louro. A complicada situación provocou que cambiásemos o rumbo para intentar chegar a Porto do Son. Saímos do perigo, grazas á destreza dos dous patróns Toño Callón e Marcelo Valeiras, pero o Son semellaba igualmente imposible con aqueles ventos en contra. Entón so quedaba salvagardar vidas de tripulación e embarcación, e se optou por intentar chegar á Punta do Castro, en Baroña, e aproveitala para fondear e quedar protexidos durante a noite. A fermosa fasquía da dorna Nai foi un ingredente máis, una sorpresa agradable, para os numerosos grupos de turistas que visitaban o castro de Baroña entre as oito e as dez da noite, que non pararon de facer fotos ó barco, alleos todos eles ás penurias que pasou ata ese momento a tripulación. So nos quedaba esperar á mañanciña para intentar de novo o asalto a Muros ou pedir que nos remolcaran. Cando xa estábamos durmindo, chegaron uns amigos nunha planeadora con motor de 500 cv e, ás doce da noite, puxemos proa a Muros a onde chegamos absolutamente machacados arredor da una e media da madrugada. Ningún dos seis tripulantes esqueceremos esa singladura, menos aínda os dous que nesa ocasión fixeron o seu bautismo de mar na dorna, Manuel Santiago e Xurxo Fernández.


A dorna Nai entreoutras embarcacións na Ria de Muros


O día máis vistoso dos Encontros foi o sábado 11 de xullo. O tempo acompañou e moitos visitantes se achegaron ao peirao e aos pantaláns para admirar as embarcacións tradicionais galegas e os barcos que ata alí viñeron dende Portugal, País Vasco e algún que outro punto. Entre os máis admirados, polo seu tamaño e pola súa fasquía, estaban o Evangelina de Rianxo, con case 19 metros de eslora e dous mastros, e o Nueva Sofía de Vilanova de Arousa, con case 14 m, e tamén o Nordwest noruego.


Á caña do galeón Nueva Sofía xunto a Cuco de Martiñán

Pasaxeiros no galeón Nueva Sofía

Eri no bauprés do Nueva Sofía

Os ventos amainaron e rolaron a oeste sur oeste e a flota navegóu pola ría durante voa parte da tarde, para admiración dos visitantes e dos tripulantes.
Por outra banda, hai que destacar a boa organización coa que os de Muros sacaron adiante os IX Encontros. Outra cousa vai ser regresar coas embarcacións ás súas respectivas bases cos ventos contrarios que se esperan, do sur suroeste.
Boa singladura.


Comentarios

  1. Que ledicia! Unha experiencia para vivi-la en toda a sua intensidade! A mística perenne do mar e o espirito humano. Unha forte aperta.

    ResponderEliminar
  2. Que bo saber de ti. Unha aperta Javier.

    ResponderEliminar
  3. Con la misma mar se encontro el Alefriz de Amiga Atlantica, en el blog de elmareselcami relata su experiencia parecida a la vuestra.
    Felicidades al patron de la Nai.
    Toni
    Barcelona en el IX ENCONTRO.

    ResponderEliminar
  4. Gracias Toni por tu comentario. Veo que ambos sentimos la misma Pasión por el Mar. Un saludo cordial desde Galicia.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio