Contar con todos os galegos

Hoxe os galegos volvemos decidir nas urnas por quen queriamos ser gobernados os vindeiros catro anos. Dame a impresión de que a victoria do PP, de Núñez Feijoo, foi unha sorpresa para todos, tamén para o propio PP que seguro que desexaba a victoria, que soñaba con ela, pero que veia moitas dificultades para acadala.
O PP gañou de xeito incuestionable, e o PSOE e o BNG deberán analizar dende xa as causas que lles levaron á derrota. Si empezan facendo autocrítica, daran un primeiro paso, si buscan xustificacións fora do seu entorno, cometerán un erro, a pesar de que as circunstancias económicas mundiais non estiveron da sua parte.

Núñez Feijoo dixo nada máis saberse gañador que quería ser presidente de TODOS os galegos, que quería contar con TODOS os galegos. É unha frase que xa escoitamos outras veces a outros gañadores de eleccións. ¿será certo esta vez?
Este é un momento no que lembro tamén actitudes de perdedores doutras eleccións, actitudes nas que non se respetaron as decisións do pobo soberano que falou nas urnas. Durante lexislaturas, algúns non asumiron a máis mínima lealdade institucional non recoñecendo a súa derrota, ou a victoria de outro candidato. Hai que saber perder, é moi importante en democracia saber perder, pero quizáis e máis importante saber gañar.
Cando escoitaba esta noite a Núñez Feijoo, a sua insistencia en contar con todos e todas para sair da crise fixóme pensar en Sarkozy, que ten ministros socialistas no seu goberno. ¿Para afrontar esta crise estaría ben un goberno multicor?
Haberá que releer A Utopía de Tomás Moro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio