Bretaña e a Festa Marítima


O mes de xullo de 2008 fun a Brest, na Bretaña francesa, para gravar un documental sobre a Festa Marítima que alí organizan cada catro anos, festa á que acuden embarcacións de todo o mundo, grandes veleiros, barcos de pescadores, veleiros de mediano tamaño, en definitiva, case tres mil embarcacións propulsadas a vela, de todo tipo de fasquía.

Galicia era nesa edición unha das convidadas de honra, ocupou o espazo privilexiado do Grand Large, xunto a Noruega, Croacia e Vietnam. Non so foi un pracer navegar nas embarcacións galegas, nos barcos de apoio que a organización puxo ó noso dispor, pola fermosa rada de Brest, tamén foi engaiolante misturarse noutras culturas mariñeiras, subir ós seus barcos, escoitar a súa música, xantar as súas especialidades culinarias, e disfrutar da xente que ata Brest chegou de todas partes do mundo. Din que chegou a haber máis de un millón de visitantes.



O espectáculo estará servido no momento en que a TVG emita o documental que alí fixemos un pequeno equipo, pero de magníficos profesionais, compañeiros e amigos no que estaban Victorino Lourido coa cámara, Suso Rouco como axudante, Xosé Antonio Domelo como escribano y eu. O resultado vaise chamar Paixón Polo Mar.



Quero dende esta bitácora saudar ás xentes de Bretaña que tan ambles foron con nós, facendo de guías que nos amosaron algunhas das belezas da súa terra, tan semellante a Galicia e á vez tan distinta. Amigos que deixamos alá como Paulinne Abernot, Fred Calvez, Yoann Morvann, Jean Louis Mathilin, Bruno Roudaut, Marie, Claud, Dominique, Armelle, Denez, Nico…


Merci à toutes les personnes de la Bretagne, Merci de votre cordialité. C’est le pensee de tout l'équipe des Galiciens.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio