Porco Celta e Jazz



Nesta andaina que encetei, esta bitácora, este blog, que case se estrea co ano da crise, co 2009, que se aventura tan nefasto para a economía, que é como dicir nefasto para os traballadores, para os parados, para todo o mundo menos para os especuladores, son moitas as ideas que me veñen á cabeza para reflectir aquí. De pronto penso no que Israel está a facer en Gaza, cando asinen ese suposto acordo de paz proposto por Exipto xa non terá sentido polo mal que xa fixeron e están a facer, hoxe, por exemplo, bombarceando os edificios da ONU onde se atopaba a axuda humanitaria. Tamén penso en que José Luis Cuerda quedou sen Oscar para “Los girasoles ciegos”, pero él vai seguir sendo feliz e facendo bo cine.




Pero o que non podo deixar de facer é darlle-las grazas ó meu amigo Andrés Pérez Dominguez, xornalista e escritor, autor de novelas imprescindibles como “El Sindrome de Mowgli” o “El Factor Einstein”, polos ánimos que me deu e súa colaboración á hora de crear este blog. Aproveito, de paso, para agradecer a todos os que me visitan a sua presenza ahí e, especialemente ós que xa decidiron ser seguidores deste periplo.




Na despensa dos galeóns e dos grandes veleiros do século XVIII non faltaban animais vivos que eran sacrificados para ser cociñados a medida que os días na mar pasaban e a carne fresca se esgotaba; as galiñas non faltaban, polos ovos e para facer un bo caldo, pero tampouco os porcos, dos que daquela, coma hoxe, se aproveitaba todo. Neste noso país con tanto mar, tan mariñeiro, un dos elementos mías presentes na nosa gastronomía é o porco, porco que nos últimos anos está tendo un maior renome, se cabe, grazas ó empuxe da denominación “porco celta” no que hai moita xente traballando, entre eles Ciprián Rivas, gurú do marketing e das relacións públicas (no centro da foto sonrindo rodeado de amigos), que fai que falemos do que se trae entre mans cada vez que argalla algo.



Por certo, cando penso en almorzos ou ceas sempre me acorda o viño. Descorchei xa unha botella de Atrium 2007 e podo dicir que se trata dun Merlot do Penedés, das adegas Torres, co que o propio Miguel Torres (Na foto con Xurxo Fernández de El Correo Gallego) quixo agasallarme. Excelente viño novo. Para rematar este “post” (chámanse así estas publicacións no blog) unha recomendación musical (cando saiba poñer a música aquí vaicambiar o conto), Sonny Stitt at the D.J. Lounge, gravado en xullo de 1961 no D.J Show Lounge de Chicago, na que Sonny toca, coma case sempre, os saxos alto e tenor. A miña copia, en vinilo, foi editada pola Compañía Fonográfica Española (CFE) na colección Jazz Stop. Se a podedes conseguir, paga a pena.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio