eterno navegar



Como querendo recuperar o tempo roubado pola falta de electricidade durante o temporal, escoitei de novo un disco que teño dende hai menos dunha semana. Foi ós postres dunha comida na que había ameixas en salsa, empanada de bonito, rodaballo á prancha ou merluza á galega, no Asesino. Foi con outros amigos, dos da Asociación Cultural Club das Cabezas. Eramos poucos pero escollidos, algúns dos que de verdade queren facer aínda máis cousas interesantes na sociedade actual do noso país, a pesar de que todos teñen moit traballo. Pero volvendo ó disco, ó CD, é unha pequena xoia.

Trátase do novo CD de Uxía, titulado eterno navegar. Nel, esta muller de tan longo recorrido na historia da música galega, nos leva por mares que comunican almas, sentimentos, espíritos, compases, e un sen fin de tenrura. Todo iso aporta ós 15 cortes, 14 en realidade porque hai duas versións do tema as nosas cores, unha frescura chea de sabores que veñen de lonxe, de América e de África, de cerca, de Portugal, do Miño ou da Costa da Morte, nunha fusión de acordes que ata se deixan seducir polo jazz. Ademáis, o CD está moi ben presentado, con fermosas fortografías e un deseño moi acorde coa sensibilidade dos temas que Uxía interpreta.
¡Parabéns! Uxía.

Comentarios

  1. Este Gallego es un hombre excelente y ademas un magnifico escritor, doy fe de las dos cosas. La primera por tener la suerte de compartir algun que otro exquisito momento con el, y la segunda sin lugar a dudas, solo hay que leer sus libros.
    Good luck lindo,desde tierras Irlandesas.
    Rosa Collado.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

La Aldea Maldita

Francisco Caamaño en el Ministerio de Justicia

San Pedro de Rocas en Cuarto Milenio