A música de Denez Abernot, a gaita de Bieito Romero
Tempo atrás publiquei nesta bitácora varias cousiñas relacionadas coa miña participación no II North American Symposium of Galician Studies organizado pola University of Michigan – Ann Arbor no que participei grazas á responsable do mesmo, a profesora Cristina Moreiras . Bieito Romero durante a presentación do meu libro "Novos pasos por Bretaña" na librería Biblos de Betanzos Nunha das miñas intervencións tivo un momento estelar o gran Bieito Romero , líder do grupo Luar na Lubre , interpretando coa súa gaita unha canción doutro amigo, o bretón Denez Abernot . Cristina Moreiras antes de presentar a Bieito Romero na Universidade de Michigan Denez foi cicerone importante e anfitrión xeneroso en varias das viaxes que fixen a Bretaña para escribir o libro “ Novos pasos por Bretaña ” (Xerais, 2014). Mariño e mariñeiro, colleiteiro de algas, pintor e músico, levando sempre diante a bandeira bretoa, Denez Abernot compuxo una canción titula...