Biblioteca de autor: 2. Sonata de Otoño - Valle-Inclán

Foi por casualidade que Sonata de Otoño se convertera no primeiro texto de Valle-Inclán que lin. Quizais é por iso que me marcou tanto á hora de introducirme na obra do autor que revolucionou no seu momento as letras españolas. A Sonata de outono , as sonatas , son obras moi galegas, non so polo espazo e a ambientación senón tamén polo xeito de construír e narrar. Tamén é una obra moi celta, segundo conclúe un dos especialistas na obra de Valle-Inclán, Darío Villanueva (actual presidente da Real Academia Española), na introdución á Narrativa Completa que publicou Espasa en 2010: Yeats nace no mesmo decenio que Valle-Inclán e, no ano de Sonata de Otoño presenta a versión definitiva de The Celtic Twilight , un feixe de relatos de marcada inspiración na antropoloxía cultural irlandesa… O propio Yeats comeza o seu estudio sobre The Celtic Element in Literature citando a Ernest Renan e a Matthew Arnold para quen o característico destes pobos, entre os que a Galicia...