Tonnerres de Brest 2012 (e 2)

O presidente de quenda do Comité Olímpico Internacional, cada vez que rematan uns xogos olímpicos excepcionais (de momento os de Barcelona son míticos) di a seguinte frase: “rematan aquí os mellores xogos da historia” ou non, como pasou un par de veces despois dos de Barcelona nos que a frase foi “rematan aquí uns magníficos (que non os mellores da historia) xogos”. Les tonnerres de Brest 2012 foi unha excelente festa marítima. O Capitán Haddock , non sei se por estar demasiado peneque ou quizais por ter bebido demasiado pouco, non trouxo demasiada sorte á festa aínda que resultou ser unha gran festa (na que o famoso capitán non foi o único que se pasou coa cervexa). Entre a crise económica que afecta a medio mundo (o outro medio vive nela permanentemente) e os tremendos “tonnerres” que afectaron a Brest e a toda a ruta de acceso por mar á cidade, moitas embarcacións inscritas non acudiron á cita. O mal tempo dos dous primei...