Historias de Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade que agocha moitas historias, moitos pequenos segredos, que non o foron pero que co paso do tempo quedaron esquecidos. Santiago é unha cidade histórica e monumental cunha beleza e un patrimonio que a coloca entre as máis fermosas cidades do mundo. Ser foco de espiritualidade de Occidente grazas á inventio, o descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago, e a rápida formación do primeiro núcleo urbano, o Locus Sancti Iacobi , así como a construción da catedral románica, aportou un movemento inxente de peregrinos que chegaron de toda Europa, por terra e por mar, que viñan atraídos pola devoción ao apóstolo e polo que hoxe chamaríamos “novas oportunidades de negocio”, falo de construtores de catedrais, de igrexas e de mosteiros, carpinteiros, frades, cambistas, ilustradores, tradutores, especuladores e xentes de vida licenciosa, entre outros moitos. Un paseo pola cidade actual, a cidade do século XXI, permite ver claramente en moitos...