Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2024

Xornada de reflexión en Normandía

Imaxe
Lápida dun soldado de 17 anos e dun criminal de guerra Cemiterio alemán de La Cambe, Normandía ©pemón bouzas O pasado día seis de xuño conmemorouse o oitenta aniversario do desembarco das tropas alidadas nas praias de Normandía . Fito histórico que determina o principio da fin do terror nazi en Europa. O comezo da derrota do fascismo. A morte, a desolación, o exterminio son sinónimos e consecuencias dunha ideoloxía que asolou Europa tinguíndoa de vermello pola sangue derramada. Porén, debemos lembrar que so o seis de xuño de 1944 morreron nas praias normandas 30.000 soldados aliados , homes, e algunhas mulleres, que deron as súas vidas pola liberdade e pola democracia, valores de Europa que están en xogo estes días , ameazados polos que se aproveitan dos valores democráticos para acadar o poder nas institucións para únicamente quitarlle ese poder aos cidadáns, instalándose como dictadores supremos e supremacistas; os que borran do mapa calquera opinión contraria aos seus ditados, escr