Cando os lobos escoitaban a radio (Sinopse)

En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película Foise co vento . A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda e seis anos dende que tamén rematara a II Guerra Mundial. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe abraiaba, un territorio que ocupaba boa parte da comarca d o Bierzo , das montañas de Lugo e Ourense e, particularmente, a comarca de La Cabrera , un grupo de homes e unha muller, cualificados como bandoleiros, tiñan posto prezo ás súas cabezas, vivos ou mortos, con recompensas que poderían arranxar as vidas de delatores ou traidores. Cada vez estaban máis acurralados polas forzas da orde, por pistoleiros fanáticos e por caza recompensas amparados pola lei. Unha historia épica, de supervivencia, de desesperación e de esperanza, afastada de posicionam...