Biblioteca de autor 6: Las brujas de Salem o El Crisol (The Crucible)

Unha das maravillas que caeron nas miñas máns hai anos foi a obra do dramaturgo Arthur Miller “ Las brujas de Salem o El Crisol ” con título orixinal en inglés “ The crucible ”. Trátase dunha obra de teatro inspirada nos dramáticos sucesos que aconteceron na pequena vila de Salem , Massachussets , polo ano 1692 no que 19 mulleres novas foron queimadas por bruxaría e entre 200 e 300 foron acusadas en maior ou menor medida de participaren en actos impuros, diabólicos, prohibidos pola sociedade puritana daquela provincia americana de finais do s.XVII. Caza de bruxas para disfrazar outros intereses, coma sempre, económicos, políticos, de dominio sobre outras familias rivais, sobre outros pensamentos. Interesabame moito o tema por todos os elementos que rodeaban os fitos históricos como polo tratamento literario feito por Miller na súa exitosa obra. Porén, durante aquela primeira lectura que me abraiou, descoñecía que Miller escollera ese tema como metáfora ...