Os contos de Tita

A alma galega , esa que se diferenza doutras almas non por ser mellor ou peor, que haberá de todo segundo que corpo sexa quen de levala, senón polo feito de sentir diferente a soidade, o amor, a distancia, a terra,…, fainos caer algunhas veces, ós galegos claro está, en estados morriñentos ou de fonda saudade. Ás veces temos saudade por persoas que xa non están, por seres queridos, por tempos pasados ou mesmo por estar lonxe “ da miña terriña do meu lar ”. Outras veces, a saudade nos axuda colocando os nosos pensamentos en tempos xa vividos e que están cheos de carga vital. Unha desas “transposicións” vitais foi a que me levou á infancia, a aqueles momentos nos que xunto ós meus irmáns rodeabamos á nosa avoa Tita para que, soa ou coa axuda dalgunha das súas irmás, nos contase contos mentres lle daba un descanso a aquela máquina de coser Singer á que tanto proveito sabía sacarlle. Eran contos que nos engaiolaban porque falaban de cousas que lle ocorrían a familias que semellaban ser da...