Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra Flores e libros. Libros e flores. Sempre foi así. Sempre na miña memoria. Primeiro as flores da tradición galega que se conservaba na casa e despois os libros, porque agromaban feiras de libros e postos de libreiros nas rúas, chegaban noticias de feiras madrileñas no Parque do Retiro e nós celebrábamos o Día das Letras Galegas. Maio. Un mes de flores cuberto, un mes de negro sobre branco, un mes de letras, tamén das galegas. Este ano 2010, a celebración galega estivo dedicada a Uxío Novoneyra . Con el compartín algunhas fermosas horas de radio en tempos nos que en Galicia aínda non había medios públicos. Lembro asemade algún paseo, algún café, algunha tertulia con amigos comúns. Aquel xeito de sentir e de transmitir o sentido, o vivido, que tiña Novoneyra, deixaba pegada nos que estaban preto do poeta. A min deixouma. Foi por iso que ler algunhas das biografías publicadas por mor da efeméride, como a novelada de Antón Lopo “A distancia do lobo”, que me pareceu exquisit...