Lindsey Vonn tivo un soño: era idiota

 

Imaxe da web do xornal LA VANGUARDIA

Houbo unha vez unha nena, que xa non o é porque ten corenta e un anos, que tivo un soño: converterse na máis grande e laureada en esquí alpino, sobre todo nas especialidades de descenso e de slálon xigante. Lindsey Vonn, a muller de quen estou a falar conseguiuno.

Mais o soño converteuse nunha teima. E as teimas elevadas a obsesións poden ter consecuencias dramáticas, e din moito e mal sobre quen se obsesiona con elas.

Lindsey Vonn, muller de 41 anos insisto, fendeu os ligamentos dun xeonllo, xa maltreito por outras lesións anteriores,  poucos días antes da celebración da súa proba non Xogos Olímpicos de Inverno que se están a celebrar no norte de Italia. A súa pouca cabeza, a súa idiotez extrema, a súa obsesión, o teimuda que foi, levárona a querer participar nas probas na que é unha das mellores da historia, alegando que era o seu soño. Non entendo como as autoridades médicas dos Xogos Olímpicos a deixaron participar. Pretensiosa, cría que cunha perna partida ía ser superior ás demais.

Lindsey Vonn participou e, aos once segundos, caeu e fendeu a perna lesionada por varias partes. Resultado: múltiples fracturas de tibia. Non cumpriu o seu soño. Malia todo, semella que tampouco espertou do seu sono, xustificando que a caída non tivo nada que ver co xeonllo lesionado.

Lindsey Vonn pasou de ser un exemplo de gran deportista a sinónimo de estúpida e imbécil. Un gran exemplo para quen a tiña como referente.


Comentarios