Nunca me gustaron os superheroes,
arquetipos de salvapatrias americanos. Porén, si que me gusta a novela
gráfica española e europea. Pensemos nos superheroes da Marvel: Superman,
Spiderman, Catwoman, Ironman, Wolverine, Capitán América..., todos eles salvan
cidades, salvan o mundo, ante a inacción de gobernos e autoridades e a
pasividade da sociedade que nin pensa,
nin actúa, nin se organiza, que se abandona ao que digan os que mandan, abono
de populismos, fascismos e ditaduras.
Os superheroes son produtos de consumo
para quen non quere pensar, para quen está moi cómodo non facendo nada, e así é
a sociedade dos EEUU dende hai
un século, cando que empezaron a aparecer os salvapatrias nos xornais e logo en
cadernos independentes.
Pensemos, si miramos
calquera película dos EEUU de calquera época
na que a policía ten que entrar nunha vivenda a enfrontarse cos malos,
estes, coitadiños, sempre están mirando a televisión, sempre se lles ve,
adultos “malotes” como son, mirando debuxos animados!!!
Que nos aportan
aos europeos? Todo o negativo da súa sociedade, empezando polo individualismo,
contrario ao traballo ou ao emprendemento en equipo propio das
sociedades europeas. Miren a temática europea ou non americana: crónica
social, historia, autobiográfica; con autores extraordinarios como Paco
Roca, Agustina Guerrero, Riad Sattouf, Alfonso Zapico, Javier Martín... Con
obras tan extraordinarias como “El abismo del olvido”, “Persépolis”,
“El árabe del futuro”, “Hoy” ou a impresionante “La balada del
Norte”.


Comentarios
Publicar un comentario