| Fachada norte da Catedral de Tui |
O conxunto de bens que conforman a
herdanza cultural dunha sociedade. A nosa cultura e
rica, moi rica, tanto no que se refire a monumentos, civís e relixiosos, de
todas a épocas, dende a prehistoria ate hoxe, como nas letras e nas outras
artes como a pintura a escultura, a música, etc.; pero non menos rica no que
denominamos patrimonio inmaterial, ese que recolle as nosas tradicións,
rituais e lendas. Todo iso, historia, tradición, mitoloxías, lendas e rituais,
forman parte de nós como galegos, forman parte do que, dito en palabras de
hoxe, constitúe o noso ADN; en todas as casas, cando menos nunha xeración
anterior, ou dúas, se contaban historias relacionadas cun lugar encantado, cun
ritual (case sempre cristianizado), cun conto tradicional, asociado ás veces a
unha cantareira ou relacionado con algún poema dos nosos románticos de finais
do século XIX e principios do XX.
Esa riqueza é nosa. Non podemos esixir aos
forasteiros que a coñezan, pero que si a respecten. Falo do desprezo á
tradición do baño das nove ondas da praia da Lanzada, menosprezada por
Bertín Osborne e aplaudida pola presentadora que conversou con el nun programa
de televisión. O ritual das nove ondas facíase nunha noite determinada
do ano para lograr a fertilidade. Despois do baño, as mulleres podían realizar
o coito no berce da santa, unha especie de leito de pedra que hai
nos cantís onde se erixe a ermida da Lanzada.
Pero falemos da catedral de Tui. O domingo
30 de novembro, a catedral fortaleza de Tui cumpre 800 anos consagrada.
A catedral semella un castelo se se mira de lonxe, xa que as súas torres son ameadas.
Construída sobre unha igrexa prerrománica, recoñécense nela o románico, o
gótico e o barroco, cun claustro gótico que abraia, no que anualmente
celebran un festival de música de cámara “Música no claustro”
imprescindible no calendario cultural galego. Hai que ir a Tui e visitar
a catedral durante un ano repleto de actividades culturais.
Comentarios
Publicar un comentario