![]() |
| Imaxe de Internet |
Quizais sería mellor cualificala de novela
de terror, pola súa dramática desaparición. Os datos: a maior
parte dos medios están ao servizo dalgunha liña ideolóxica,
maioritariamente afín á dereita, cada vez menos democrática; a maior parte
dos xornalistas miran para outro lado cando se comete un atropelo contra a
profesión ou contra un profesional (por medo a perder o emprego ou porque o
atropelo foi contra os outros); o Tribunal Supremo desbota as declaracións
de varios xornalistas por seren xornalistas, por non revelaren as fontes
(farían o mesmo co segredo de confesión dun cura católico?), porque irían en
contra dunha sentenza que probablemente xa tiñan pensada contra o fiscal xeral,
apoiada na mentira recoñecida en sede xudicial por un profesional da
mentira, da provocación e da violencia verbal (so un pequeno puñado de
xornalistas levantaron a voz en sinal de protesta polo desprezo do Supremo
ao xornalismo).
Non sei se será cousa de Poirot,
Maigret, Carvalho ou de Montalbano; empezo a pensar que, co permiso
de Mary Shelley, habería que botar
man do doutor Víctor Frankenstein para revivir o xornalismo de
verdade, o independente ou, cando menos, menos dependente, reconstruíndo
con cachos a criatura, unha indestrutible por moita presión que houbera de
gobernos, partidos políticos, intereses económicos ou relixiosos.
RIP.

Comentarios
Publicar un comentario