![]() |
Fotograma de The Newsroom |
Un xenocidio é un xenocidio, e punto. Mais,
o feito de que en dous anos de xenocidio contra a poboación de Gaza perpetrado polo exército israelí foran
asasinados 200 xornalistas tamén é moi significativo. En Gaza e noutros puntos conflitivos
do planeta son asasinados cada ano un número importante de xornalistas que so
queren contar o que ven. En 2024 foron 68, incluídos 14 en Gaza.
Porén, nesta bitácora quero tamén salientar
o feito da censura por parte de gobernos supostamente democráticos. As presións
do goberno de Trump contra os medios de comunicación norteamericanos e os seus
xornalistas están marcando a liña a seguir por países brandos (léase europeos)
e polos que teñen á ultradereita condicionando os gobernos.
Mentres
se incrementa a presión sobre a prensa, medran os apoios a pseudomedios
de comunicación financiados por particulares e por empresas con intereses
políticos e económicos nada democráticos. Todos eles aproveitan as redes
sociais para difundiren trolas permanentemente, mentiras que impregnan as
mentes de xeracións non preocupadas por informarse correctamente, dando por boas
as mentiras dos charlatáns e dos reaccionarios. Que haxa mentireiros reaccionarios
é normal; que tanta xuventude crea nesas lerias é anormal e problema noso
(sería doado culpar á sociedade, pero os culpables son, somos, os pais).
A prensa, está na UCI. Para coñecer bos
exemplos dese cuarto poder recoméndolles dúas películas e unha serie de televisión
dispoñibles nas plataformas de streaming . As películas son Todos los hombres del presidente,
sobre o caso Watergate con Redford e Hoffman baixo a dirección de Alan J.
Pakula e o punto de vista da propiedade e da dirección de The Washington
Post en The Post: Los archivos secretos del Pentágono, con Meryl
Streep e Tom Hanks dirixidos por
Spielberg. A serie recomendada é The newsroom, con Jeff Daniels como
protagonista. Todas imprescindibles.
Comentarios
Publicar un comentario