A madalena, e en xeral a obra À
la recherche du temps perdu, pasou a ser un dos elementos máis recorrentes
tanto en psiquiatría e neuroloxía
como en psicoloxía. Os problemas de saúde de Proust obrigárono a converterse
nun ser cunha enorme capacidade de resiliencia, de adaptación a un
entorno negativo, adverso; esa resiliencia provocou nel un amplo sentido da
observación que lle permitiu debullar unha serie de personaxes que son, cada un
deles, o retrato dun perfil psicolóxico.
Máis alá de ser motivo de estudo, À la
recherche du temps perdu é unha obra recomendada a pacientes con problemas
de saúde mental, sobre todo polos psiquiatras seguidores das novas correntes
do psicanálise, entre os que
destacan Jacques Lacan e os seus discípulos.
A magna obra de Proust é absolutamente
recomendable como tal, polo seu valor literario, polo retrato dun tempo e duns
personaxes verdadeiramente ricos e, porque non, como alimento para o espírito e
para a paz e calma, nuns tempos tan problemáticos que pillan á sociedade no
momento mental máis débil.
Lendo a Proust, tomo o meu té acompañado
dunha madalena caseira acabada de saír do forno...
Comentarios
Publicar un comentario