| Colar das Primeiras Nacións. Aventura en Grenladia do Capitán Trueno |
Xa
o dixen, non me gustan os superheroes norteamericanos, non me gusta a ideoloxía
totalitaria e fascista. En España tamén houbo superheroes, doutro xeito, mais
pegados a aventura e á comedia, menos dramáticos... Lembremos o Capitán
Trueno, co seu grupo de amigos inseparables: Sigrid, Crispín e Goliath.
Resulta que unha das súas aventuras sucede en Grenlandia!
Sigrid
vai visitar uns amigos viquingos que teñen al
í unha colonia e cando
chegan están sendo atacados polos Inuit (esquimós no cómic); os Inuit semellan
ser os malos, pero non o son, menos mal que quen chegou alí foi o Capitán
Trueno e non un superheroe americano ou os ICE, ou o exército ou o abusón
laranxa, todos eles dispararían primeiro e logo, se quedaba alguén vivo,
preguntarían, e logo mandarían o resto dos Inuit a unha reserva, como fixeron
con todos os pobos da Primeiras Nacións que aínda viven en reservas.
So
con solidariedade, como a que fomenta o primeiro ministro de Canadá Mark
Carney no seu discurso en Davos, como a voz que lanzan os Inuit de Grenlandia
dicindo que queren ser europeos, coa sanidade e o ensino públicos e gratuítos,
que nada diso terían sendo ocupados polos estadounidenses.
É
o tempo de pensar e nós, nos que son como nós, nos que pensan e creen na
democracia, nos dereitos humanos, no respecto á natureza, nas tradicións e na
cultura. A solidariedade entre nós, entre os “medianos” como di Carney,
fainos máis fortes para aguantar as escornadas dos abusóns, as grandes
potencias.
O
Capitán Trueno e a súa tropa somos todos e cada un de nós.
Comentarios
Publicar un comentario